VII CERTAME DE PINTURA RÁPIDA “BARRO 2019” BASES 1.- As presentes bases teñen por obxeto regular a participación no VII Certame de Pintura Rápida “BARRO 2019”, que terá lugar o día 16 de xuño de 2019. 2.- Poderán participar no concurso calquera persoa que o desexe inscribíndose previamente. O dereito de inscripción será gratuito. 3.- Inscripción: Os participantes poderán optar por calquera das seguintes canles: a) Presentar instancia no Rexistro do Concello de Barro (Santo Antoniño 11 – Perdecanai – 36194 BARRO) ata as 15:00 horas do día 14 de xuño de 2019. b) A través do correo electrónico oficinas@barro.es ata as 15:00 horas do día 15 de xuño de 2019. En calquera caso as solicitudes deberán conter os seguintes datos: - Nome completo do autor/a....
XL FESTA DO VIÑO DE BARRO. O CONCELLO DE BARRO ORGANIZA O XANTAR DA FESTA DO VIÑO QUE TERÁ LUGAR O VINDEIRO 16 DE XUÑO DE 2019 ÁS 15:00 HORAS NO PAZO DA CREGA. Prezo: 20,00 €/persoa maior de 12 anos. 10,00 €/persoa con 12 ou menos anos. Menú: Empanada. Polbo a feira. Carne ó caldeiro. Postre. Cafe. Viño, auga e refrescos. Por motivos de organización despacharanse entradas ata o 12 de xuño ás 15:00 horas nas oficinas do Concello. Non se permitirá o acceso senon se dispón da correspondente entrada.
BANDO XL FESTA DO VIÑO DE BARRO D. XOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ ABRALDES, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE BARRO (PONTEVEDRA).-------------- FAI SABER: QUE OS VINDEIROS DÍAS 13, 14, 15 E 16 DE XUÑO DE 2019, TERÁ LUGAR A XL EDICIÓN DA FESTA DO VIÑO DE BARRO, POLO TANTO PONSE EN COÑECEMENTO DOS PRODUCTORES: - Recollida de viños: ata o vindeiro 3/06/2019 ás 15:00 h. - Empaquetado: no baixo do Concello o día 5/06/2019 ás 21:00 horas. - 1ª cata: 9 de xuño de 2019 ás 11:00 horas. Se alguen precisa que se lle recolla o viño na súa adega deberá solicitalo chamando ó teléfono 986 711 002. Barro, 14 de maio de 2019.