Publicacións

Entorno natural

O sendeirismo condúcenos da mellor maneira posible ós lugares máis remotos do concello de Barro e permítenos coñecer rincóns cheos de encanto, como as pequenas capelas situadas nas distintas parroquias: San Amaro, en A porte, a da Nosa Señora dás Virtudes, en Barro, e as de Búa  en San Antoniño, no lugar de Búa. Pero a xoia patrimonial de Barro como integrante que é da Ruta Xacobea Portuguesa e a  igrexa de San Martiño de Agudelo. De estilo románico e construída no século XIII polo mestre Mateo, o artífice do Pórtico da gloria da catedral de Santiago. Outra igrexa de interese histórico é a de Curro,  de comezos do XVI e con algúns elementos do románico. É de estilo oxival tardío con cruceiro e atrio. Espazo Natural "río Barosa " O principal atractivo deste parque consiste en perco...