Publicacións

Fauna

O parque en si mesmo ten unha capacidade natural para acoller multitude de especies animais, pero difíciles de ollar, como; os reptís: o eslizón común, o lagarto ocelado, o lagarto verdinegro; os anfibios: o sapo común, a salamandra; as aves: o ratoeiro, o pardal, a lavandeira, o cuco, a buvela; os mamíferos: o ourizo, a toupa, a musaraña, o coello, o rato campestre, etc.

Flora

O transcurso do Rio Barosa ofrece unha amplia biodiversidade medioambiental cun bosque típico de ribeira, con ameneiros, salgueiros, freixos, loureiros, carballos, etc. Arbustos como o rusco, o sabugueiro, a xesta, o espiño, etc. Herbas como o bordolobo, a consolda, a estruga, a primula, ademáis dunha rica diversidade de musgos, algas e fentos, dignos de observar dado o grado de humidade deste biotopo.

Patrimonio etnográfico

Os muíños son construccións de pedras pequenas cubertas de tella, xeralmente cadradas, que se dividen en dúas prantas; tremiñano (parte superior) e o inferno (parte inferior). No tremiñano están os mecanismos de trituración do gran (a capa, pedra que xira sobre o pé movida polo rodicio de trituración), as pedras (o pé, pedra fixa), segorellla, buxa, moega, erguedoiro e caixa da fariña. No inferno están situados os mecanismos de rotación: o rodicio (movido pola forza da auga), a viqueira, o arrieiro, a agulla e a rá. Todo o sistema funciona gracias ós mecanismos da auga que serve para recollela do río e levala ata o rodicio, a través das presas, cantes, cubos e piaoiras.

Cultura popular

O aproveitamento da enerxía hidráulica permitiu unha etapa histórica de desenvolvemento sostible, coa industria artesanal dos muiños, e sobor de todo, cos sistemas de propiedade, os cales eran: "de herdeiros", propiedade de varios que distribuían en horas o tempo para moer cada un; e outros de "maquía", de un só propietario que o utilizaba para sí e para facer negocio moendo para outros a cambio dunha cantidade de gran.

Parque da natureza - 2

Este especial complexo etnográfico-medioambiental augas abaixo do río Barosa, parada fundamental do Camiño  Portugués hacia Compostela, no seu transcorrer polo termo municipal de Barro, e máis concretamente no enclave coñecido como o "Parque da Natureza Río Barosa" atópase unha escepcional topografía, expresión natural en forma de remansos e fervenzas, chegando a máxima expresión coa fervenza de Barosa, duns trinta metros de desnivel. Este feíto foi moi ben aproveitado polos nosos devanceiros, xa que nos márxenes construiron dezasete muíños, aproveitando así, a forza da auga e formando un complexo hidráulico de moendas de cereais, como avea, centeo ou millo.