Subseccións

Publicacións

TURISMO ACTIVO

O principal atractivo deste parque consiste en percorrer un bonito carreiro circular ao longo de 4 km. que percorren o río Barosa e ofrécenos unhas magnificas panorámicas do que no seu día foi un conxunto de 12 muíños de auga situados en fervenza aproveitando os desniveis do río. Este complexo etnográfico-ambiental permitiu unha etapa histórica de desenvolvemento sustentable, coa industria fariñeira.