Publicacións

Vilanova de Arousa

Vilanova de Arousa está situado na costa, en plena Ría de Arousa, ten un litoral costeiro de 20 Km formado por praias de gran beleza, con augas moi tranquilas, o que permite o baño de ata os mais pequenos.Nesta cidade naceu o gran escritor Valle-Inclán, nacido na Casa do Cuadrante situada no casco histórico da vila. A economía combina a pesca coa agricultura, sobre todo coa elaboración de viño da variedade Albariño, dentro da denominación de orixe Rías Baixas.Vilanova de Arousa data do Século VII, cando se constrúe o monasterio de Cálogo, do que se conservan as torres do Campanario. A vila foi derruída polas incursións normandas da Idade Media, que buscaban os tesouros de Santiago de Compostela.