Publicacións

Vigo

Coincidindo cos lindeiros do antigo recinto amurallado atopamos a parte vella de Vigo, núcleo principal da cidade, que comprende os barrios tradicionais do Berbés, o barrio do Cura e a Ferrería. O Berbés, habitado fundamentalmente por mariñeiros e pescadores, é un dos barrios máis coñecidos da cidade.A parte baixa da zona vella é a que esperta un maior interese turístico, pois nela atopamos a praza da Pedra e o seu mercado, a rúa dos cestos, a Colexiata de estilo neoclásico, a praza da Constitución, que fai as funcións de praza Maior, a praza da Princesa e a de Almeida, unha das máis antigas da cidade.Partindo da Porta do Sol e subindo pola rúa Elduayen, chegamos ao Paseo de Alfonso XIII, que divide en dúas a zona vella e onde se atopa a oliveira, símbolo da cidade.Un tamén pode gozar de impresionantes vistas se se achega ata algún dos miradoiros desta cidade, como son o Castro, a Guía, a Madroa, o Paseo de Alfonso XIII, o monte Alba ou o monte dos Pozos. Outros monumentos que se poden...