Publicacións

Sanxenxo

A beleza da costa e a bondade do clima, son os dous grandes atractivos turísticos que convertiron a Sanxenxo, típico pobo mariñeiro galego, nun dos focos de veraneo máis importantes de Galicia, conlevando unha modificación urbanística da capital. Oficina de Turismo: Avda. de Madrid, s/n. Telf: 986 720 285 Concello: Consistorio, 1. Tfno:986 720 075 Se se parte de Cambados a C-550 é a estrada que nos achega a Sanxenxo, mentres que a Vía rápida que enlaza coa A-9, comunica a Sanxenxo con Vigo, Pontevedra, Santiago e A Coruña Os antigos poboadores de Sanxenxo deixaron no municipio numerosos vestixios dos seus asentamentos, por iso é polo que se atoparon mazas pulimentadas do paleolítico e outros restos arqueolóxicos posteriores. Dende o punto de vista artístico, son numerosas as igrexas que se poden visitar como a Capela de Santa Catalina, situada na mariñeira vila de Portonovo ou a parroquial de Andina, construída sobre un templo de arte románico do que se conservan os muros e beirados da...