Publicacións

Santiago de Compostela

É unha das obras arquitectónicas máis belas e interesantes do arte románico. A primitiva igrexa foi edificada sobre o sepulcro do Apóstolo, polo rei asturiano Alfonso II o Casto. Coa masiva afluencia de devotos, este edificio ampliouse no S. IX, baixo as ordes de Alfonso III. Trala invasión e saqueo de Almanzor no ano 997, o Bispo Pedro de Mezonzo ordea a súa reconstrución. Iníciase así a actual catedral no ano 1075, quedando prácticamente concluída no 1122. A partir de aquí, fóronse engadindo novos espazos ó longo da nave principal e lado sur. A planta da catedral é de cruz latina, con tres naves e triforio que percorre todo o perímetro. Como templo de peregrinación ten deambulatorio, capelas na cabeceira e brazos do cruceiro. A nave central está cuberta con bóveda de canón, as laterais con bóveda de arista, e o triforio con cuarto de canón. No centro do cruceiro álzase o cimborrio, que permite iluminación central. Nesta estrutura acciónase o Botafumeiro. Ós pés do templo atópase o im...