Publicacións

Pontevedra

Bañada polo río Lérez, a máis pequena das sete grandes cidades de Galicia, é dona dun precioso casco antigo que labra nas súas pedras o milenario carácter mariñeiro dos seus habitantes. Hoxe dia, para poder visita-lo casco antiguo de Pontevedra, podese realizar de modo cómodo e tranquilo, pois toda esta zona convirteuse en peatonal.Oficina de Turismo: Xeneral Gutierrez Mellado, 3 986 850 814 Concello: Praza de España s/n. 986 846 611 A comunicación desde Vigo e A Coruña está facilitada pola A-9 e a N-550. As dimensións de que fai gala a Cidade de Pontevedra, permiten ó visitante pasear polas coidadas rúas con soportais para desembocar en preciosas prazas e sorprenderse co casco histórico desta cidade, só superado en Galicia polo de Santiago de Compostela. Un bo modo de comeza-la andadura en Pontevedra, é na Alameda, onde está o monumento ós heroes de Pontesampaio. Moi preto da Alameda, na Praza de España, áchanse o Concello e o Goberno Civil. Os xardíns de Vinc...