Publicacións

Pontecesures

O viaxeiro atopará neste concello fermosos cruceiros coma o da obra Pía de San Lázaro, o de Carreiras e o de Alfoli da Cova. Ademais, entre a arquitectura civil cómpre salientar o pazo da Cova, do século XVIII, e o conxunto típico do Caldeirón, situado no barrio do Porto. A igrexa parroquial, de nave única, conserva restos románicos. Do presente século pódese citar o feito xacobeo e o coche de pedra.A antiga tradición artesá do municipio está presente no taller de velas, na Escola Ceramista ou nas figuras da cerámica celta.Entre os lugares máis pintorescos para visitar están os miradoiros do Galiñeiro (de recente construción) e Piñeiro Manso; as ribeiras de San Pedro, o castro na finca de Acevedo e o barrio mariñeiro do Monte do Porto.Pódese realizar unha visita á fábrica de Cerámica Celta para ver como elaboran de modo totalmente artesanal a súa cerámica, ó mesmo tempo que se poden adquirilos productos alí elaborados. Esta instalación atópase a escasos 500 m. de centro urbano de Ponte...