Publicacións

Moraña

A incidencia da arte románica móstrase en dous fermosos exemplares: a igrexa de San Pedro de Rebón e a de San Martiño de Gargantáns, coas ábsides perfectamente conservadas. Fermosas casas fidalgas coma o pazo da Buzaca, o pazo de San Roque ou a Toxeiriña e as casas blasonadas do Rial, a Rapeira e Sorrego son boas mostras da arquitectura señorial. Un oficio que tradicionalmente tivo unha fonda raigame neste concello, o dos canteiros, deixou proba do seu gusto artístico nun bo número (ó pé de corenta) de cruceiros nos quinteiros, ás beiras dos camiños ou nas encrucilladas.Moraña ofrece un amplo abano de atractivos cos que satisfacer o interese de todo tipo de visitantes. O amante da natureza atopará espazos naturais e fermosas paisaxes nas abondosas valiñas, cubertas de amplas e mestas fragas, percorridas por regatos farturentos de troitas e anguías. O sendeirismo é o grande engado que ofrecen estas terras. Un paseo pola beira do río Umia, un baño ou un xantar na praia fluvial da Ponteno...