Publicacións

Marín

O porto de Marín, dividido en zona militar coa Escola Naval desde 1.943 e en zona pesqueira, ocupa o terceiro lugar de Galicia en canto a importancia se refire tanto no número de atraques coma no volume de toneladas desembarcadas. Concello: Avda. de Ourense, 2. Tlfo: 986 880 300. A 5 minutos de Pontevedra pola Autovía de Marín. Dende Vigo pola estrada N-120 ou pola A-9, ata Pontevedra e dende alí a Marín. Dende A Coruña, a A-9. O máis destacable para o turismo que chega a Marín son as súas praias de fina area. A primeira, a de Portocelo, está a pouco máis dun quilómetro do centro urbano. A ela chégase atravesando un fermoso paseo marítimo. Goza de Bandeira Azul outorgada pola Unión Europea, pola súa limpeza e os servizos que ofrece. A praia de Mogor atópase a uns 600 metros e é tamén tranquila e recolleita, de reducidas dimensións, dispón de servizo de restaurante dende o cal se pode gozar dunha fermosa vista sobre a Ría. A praia "Dos namorados", pequena e recolleita, está logo da Punt...