Publicacións

Illa de Arousa

Dende o pé do miradoiro do Santo pódese contemplar unha marabillosa vista panorámica da Ría de Arousa; a Illa, o mar e as vilas que asoman na recortada costa: O Grove, A Illa da Toxa, Vilagarcía de Arousa, A Pobra do Caramiñal, Santa Uxía de Ribeira, Boiro, Palmeira?É interesante observar como os habitantes da Illa ergueron as súas vivendas ó redor das zonas máis gorecidas das forzas do mar e do vento.Os ventos, as ondas e as mareas esculpiron nas rochas innumerables formas caprichosas que, sen pretendelo, alimentan a imaxinación, fannos ver formas humanas, animais ou abstractas, poboando un mundo fantástico e máxico ó que os habitantes da Illa nomearon como Con dos Tres Pés, Con do Fuciño do Porco, Con do Crocodilo.O viaxeiro gozará visitando esta singular exposición de esculturas, cores e texturas con que a natureza nos deleita. Aínda que se poden atopar por toda a costa, os puntos de maior interese son os arredores de faro, o illote Areoso e o Parque Natural de Carreirón.A Illa de A...