Publicacións

Cotobade

Municipio limítrofe con Pontevedra, bañado polo río Lérez e marcado polas elevacións da Serra do Suido, desde onde se contemplan excelentes panorámicas das rías. A Chan é a capital dun municipio que non ten no seu territorio ningunha entidade de poboación que leve o seu nome, xa que o topónimo parece derivar de ?Coto do Abade? en relación co convento de Tenorio. Cotobade conserva un gran número de petroglifos feito que confirma que foi habitado desde moi antigo. Gravados rupestres con variada temática de cervos, labirintos, motivos xeométricos, que están representados nas estacións de Pedra das Ferradas, Laxe das Coutodas, Laxe do Cuco e Outeiro do Lombo da Costa. É nestas últimas, localizadas na parroquia de San Xurxo de Sacos, onde hai máis gravados e son consideradas como unha das mostras máis importantes da arte rupestre galego. As calzadas e pontes testemuñan o proceso de romanización, mentres que a época medieval estivo marcada pola xurisdicción do duque de Sotomaior. Cotobade tr...