Publicacións

Combarro

Esta coidada poboación ten fama de ser unha das máis bonitas da ría de Pontevedra. O seu curioso caserío, ó borde da auga e asentado sobre grandes laxas de pedra, inclúe o tradicional cruceiro e, sobre todo, un espléndido conxunto de hórreos de pedra ou madeira. Aproveita a ocasión para coñecer de preto esta característica edificación popular destinada a graneiro e que case sempre está coroada por unha cruz para invoca-la protección da colleita. Como curiosidade, observarás que as patas están separadas do hórreo por unhas losas circulares que se coñecen como rateiras porque serven para evitar que os ratos alcancen o graneiro e se dean un atracón.