Publicacións

Bueu

Bueu atópase na Península do Morrazo, entre Marín e Cangas. Goza dunhas moi fermosas praias e unha costa cunhas vistas sobresaíntes. Aparte de poder gozar das mencionadas praias, merece tamen mención: Ruta dos Abades ou dos Muíños O primeiro que nos vai chamar a atención é a gran cantidade de muíños de auga que nos atopamos. Destacamos na parroquia de Cela dous muíños, rehabilitados recentemente polo Concello de Bueu, un no barranco de O Canudo e outro na Torre; así coma o conxunto de muíños do río Frade en Meiro, varios deles rehabilitados e usados nas sucesivas actividades "Do Millo Corvo", quedando algúns aínda en ruínas pero proxectada a súa restauración. Ruta dos Pazos Neste percorrido achegámonos á historia e a tradición pasando por fermosas aldeas onde atopamos casas tradicionais, gran...