Publicacións

A Estrada

Na Estrada hai diversas igrexas de estilo románico levantadas entre os séculos XI e XII con motivo da gran influencia que exercía a cidade do Apóstolo. Moitas delas foron reconstruídas, ampliadas e ata algunhas levantadas de novo, sobre todo, entre os séculos XVI a XVIII. Entre outras temos as igrexas de San Pedro de Ancorados, de Riobó, de Oca e de Ouzande, e as románicas de Codeseda, Loimil e Frades.Tamén se distribúen con abundancia polas terras do antigo Tabeirós os pazos e os casaríos. Presentan un aspecto castrense cunha grande finalidade defensiva debido ás numerosas loitas da nobreza. Entre as moitas casas do territorio estradense están a casa de Valiñas, a casa Forte de Maindo, san Paio de Figueroa ou a casa de Ulloa. Ademais, a 11 quilómetros da villa da Estrada, está situado o pazo de Oca, consta de dúas plantas con amplos ventanais dende os que se pode admirar unha fermosa galería, amplos salóns, cadros e tapices e unha típica e antiga cociña galega.O visitante tamén se pod...