Publicacións

Arquitectura civil

Pazo da CregaSanto Antoniño - Perdecanai - 36194 BARRO

Arquitectura relixiosa

Igrexa Parroquial de San Martiño-Agudelo Construída  no s. XII, estilo románico, de cuxa época conserva o ábsida cuns fermosos vans e portada occidental. Os muros da nave están reconstruídos. A ornamentación asemella ser da escola do Mestre Mateo. Nun dos capiteis do arco triunfal aparece un músico tocando a zanfoña mentres, no tímpano da porta principal, sostido por dous cans aparece a imaxe do bispo San Martiño, acompañado dun año. Acceso: Na N-550 de A Coruña a Vigo no Km 108 no lugar de San Antonio de Barro (onde está o concello) seguiremos 200 metros e tomaremos á dereita a vía que conduce á estación de a Portela onde unha vez pasada a vía do tren (1Km) apartarémonos á dereita polo camiño de Agudelo durante 2 Km máis antes de atopar a igrexa Igrexa Parroquial de San Breixo - Barrro De planta...

Arquitectura popular

Entre o escaso patrimonio histórico-artístico que posúe o concello cómpre subliñar a igrexa románica do séc. XII de San Martiño de Agudelo. Crese que foi obra do mestre Mateo. Outra igrexa de interese histórico é a de Curro de comezos do XVI e que presenta algúns elementos do románico. É de estilo oxival tardío con cruceiro e adro. Polo concello hai varias capelas que tamén teñen certo interese: a capela de San Amaro, en Portela, a da Nosa Señora das Virtudes, en Barro, e as de Santo Antoniño e a de Búa no lugar de Búa.De entre as construcións civís hai que nomear a casa A Torre e o pazo de Santo Antonio.Muíños do Río BarosaLocalizaciónParroquia: Barro (San Breixo) | Lugar: Maquieira, A Descrición Trátase dun conxunto de muíños que se estenden pola cascada do río Barosa e pola parte superior. É rechamante esa situación dos muíños pola que, coa caída da auga o son que ocasiona e o bonito do lugar, produce admiración nos visitantes. Esta zona foi acondicionada para as visitas, restauránd...