Publicacións

As Pilas

As pilas usadas deposítanse nos contedores habilitados para isto en cada cidade; nos centros educativos podémonos atopar con pequenos contedores de cor amarelo ou verde e na rúa poden ser de diferentes formas ou cores pero estarán ben identificados.Unha vez recollidas destes contedores son trasladados a un centro (no caso de Galiza a Sogarisa) onde se estabilizan quimicamente; feito isto obtense restos férricos, sulfato amónico e unha masa inerte que se garda en depósitos de seguridade.