Publicacións

Os Residuos

Os Residuos sólidos urbanos constitúen actualmente un dos máis serios problemas medioambientais derivados das actividades produtivas e de consumo. Varios factores contribuíron ó agravamento deste problema durante as últimas décadas: 1. Na natureza todo se aproveita pero o home rachou co ciclo natural de circulación da materia. Coa aparición da gandería e a agricultura, inaugúrase unha nova etapa na que o ser humano deixa de depender directamente dos recursos naturais espontáneos que se atopa. Xorden poboacións estabeis que dan lugar a unha maior poboación. Isto provoca unha maior produción de desfeitos que cada vez son máis complicados de ser descompostos e reciclados. O home actúa na natureza como productor e consumidor pero non como descompoñedor. Esta situación víuse agravada nos últimos cincuenta anos coa migración masiva das poboacións do campo á cidade.2. O crecemento da poboación, concentrada principalmente nas grandes áreas urbanas, provocou un aumento indiscriminado dos residu...