Publicacións

¿Que Podo Facer polo Medio Ambiente?

SEN COCHE* Sempre que poidas, vai a pé * Vai en bicicleta para facer traxectos curtos dentro da cidade * Para traxectos de media distancia, usa o transporte público (metro, autobús, etc.).CON MOTO* Para o motor cando esteas parado nos semáforos. * Circula co tubo de escape e o silenciador homologados. * Non aparques nin circules pola beirarrúa. CON COCHE* Tenta usalo o menos posibel. * Comparte o teu vehículo con outras persoas que fagan o mesmo percorrido que ti (compañeiros de traballo, veciños...). * Utiliza gasolina sen chumbo. Contamina menos. * Non abuses da aceleración, non apures as marchas curtas, non abuses do freo. Contaminarás menos. * Fai revisar periodicamente a combustión do teu vehículo.

O Aire

O aire é unha mestura de gases que constitúen a capa que rodea ó noso planeta e á que chamamos atmosfera. Esta capa de gases esta composta principalmente por nitróxeno (78%), osíxeno (20,9%) e outros elementos ou compostos en moi pequena cantidade, entre os que se conta o argón, dióxido de carbono, neón, etc. Nas grandes cidades, a saúde e o benestar dependen especialmente da calidade do aire. Ademáis, as concentracións urbanas non alteran só o aire do seu territorio, senón que tamén producen efectos a unha escala máis global, incluso a escala planetaria. A calidade de vida quere dicir, entre outras cousas, calidade do aire que respiramos. A contaminación atmosférica pode ser definida como "a presenza no aire dun ou máis contaminantes, ou calquera combinación deles, en concentracións ou niveis tales que prexudiquen ou molesten a vida, a saúde e o benestar humano, a flora e a fauna, ou degraden a calidade do aire, dos bens, dos recursos nacionais ou dos particulares." (Fonte:...