Publicacións

ENERXÍA

Calquera sistema, tanto se se trata dun ser vivo, dunha máquina ou dunha cidade, base o seu funcionamento en entradas e saídas de enerxía e de materiais. As formas de enerxía que se usan nunha cidade son moi diversas e , como pasa na maioría dos países desenrolados, baséanse en fontes non renovables como son o carbón, o petróleo e o gas natural. Estes recursos son limitados e o seu uso provoca problemas de contaminación na atmosfera. Por outra parte, os seus efectos a escala rexional e global relaciónanse co efecto invernadeiro e a alteración da capa de ozono.O aproveitamento dos recursos esixe, polo que respecta á enerxía, cambios importantes: usar cada vez máis fontes de enerxía limpas e renovables, e seguir avanzando na mellora da eficiencia enerxética, que supón usar menos para obtelo mesmo rendemento.Producir enerxía limpa; apostar polas renovabeis; freala dependencia das  importacións enerxéticas, limitalo efecto invernadeiro..., son obxectivos ós que é difícil opoñerse...