Publicacións

Ecoetiquetas

As etiquetas ecolóxicas ou ecoetiquetas son logotipos otorgados por un organismo oficial para identificalos produtos que son máis respectuosos co medio ambiente. Son de carácter voluntario e, xeralmente, contan co soporte das ACV (Análise de Ciclo de Vida) do produto. Para cada categoría de produtos hai uns criterios ecolóxicos que permiten a avaliación e concesión da ecoetiqueta, que é válida durante un período máximo de tres anos. O produto está sempre baixo control do organismo que otorga a ecoetiqueta. Un exemplo de etiqueta é:  A Etiqueta Ecolóxica Europea é un distintivo, común a tódolos países da Unión Europea, que denota que un produto foi valorado como máis eficiente ambientalmente que outros produtos similares. A etiqueta represéntase por un grafísmo consistente nunha flor onde os pétalos son as estrelas "comunitarias".Presenta as seguintes características relevantes:  * A etiqueta é compatibel con outros sistemas nacionais de etiquetado ecolóxico. Polo tanto non pr...