Publicacións

Consumo Responsabel e Medio Ambiente

"O actual estilo de vida urbano e, en concreto, os modelos de división do traballo e as funcións, o uso do solo, o transporte, a produción industrial, a agricultura, o consumo e as actividades relacionadas co lecer e, por tanto, o nivel de vida actual, fanlles directamente responsabeis de moitos dos problemas medioambientais ós que se enfronta a humanidade."(Carta das Cidades e Municipios Europeos cara a Sostenibilidade, Aalborg, 1994).O consumo, causa da crise ambiental"A maior causa do deterioro continúo do medio ambiente global é o insostible modelo de produción e consumo dos países industrializados e a degradación ambiental asociada á pobreza dos países en desenvolvemento". Esta afirmación, incluída na Resolución de Nacións Unidas que xa en 1989 convocaba o Cumio de Río de Xaneiro para tres anos despois, abriu unha nova etapa na concepción dos problemas ambientais. Dende entón tódolos foros internacionais sobre medio ambiente recoñecen que a crise ambiental ameaza a propia sup...