Publicacións

CONCEPTOS BÁSICOS

O sistema climático considerase formado por cinco grandes compoñentes: a atmósfera (capa gaseosa que envolve á Terra ), a hidrosfera (a auga tanto dulce como salgada en estado líquido), a criosfera (a auga en estado sólido), a litosfera (o solo) e a biosfera (os seres vivos que poblan a Terra ). Neste marco de referencia, o clima é unha das consecuencias das interaccións e retroaccións que establécense entre os cinco compoñentes do sistema climático e responde a un equilibro no intercambio de enerxía, masa e cantidade de movemento entre eles. O clima está gobernado pola radiación de onda curta procedente do Sol. Esta enerxía é capturada nunha parte pola superficie terrestre e, noutra, reflexada deica o exterior polos compoñentes atmosféricos ou a propia superficie. Para establecer un equilibro enerxético, a Terra debe emitir tanta enerxía coma a que absorbe do Sol. Así, como a atmósfera é prácticamente transparente non absorbe á radiación solar; sen embargo, a radiación emitida po...

CAMBIO CLIMÁTICO

A comunidade científica chegou a un amplo acordo en torno á idea de que o incremento da concentración de gases efecto invernadoiro na atmósfera terrestre está provocando alteracións no clima. De feito, diversos estudos evidencian que as variacións na concentración atmosférica dalgúns gases de efecto invernadoiro estiveron asociadas a profundos cambios climáticos no pasado. As emisións de gases efecto invernadoiro producidas como consecuencia das actividades humáns foron moi intensas a partir da revolución industrial. Así, a concentración de estos gases na atmósfera incrementouse a unha velocidade moito máis rápida que en calquera periodo histórico precedente, o que pode dar lugar a alteraciones no clima desconocidas ata a data. O IPCC, Grupo Intergubernamental de Expertos sobre Cambio Climático , é a Axencia especializada das Naciones Unidas creada para profundizar no coñecemento sobre o fenómeno de modo que podanse diseñar respostas adecuadas. O IPCC emite un informe, aproximadam...