Publicacións

Axenda 21

A Axenda 21 é un programa para desenrolar a sostenibilidade a nivel mundial, aprobado por 173 gobernos na Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento celebrada en Río de Xaneiro en 1992. Abarca aspectos económicos, sociais e culturais, así como relativos á protección do Medio Ambiente. O seu capítulo 28 anima ás comunidades locais a creala súa propia versión, unha Axenda 21 Local. A Axenda 21 Local é un sistema en que as autoridades locais traballan en asociación con tódolos sectores da comunidade local para preparar planes de acción para aplicala sostenibilidade a escala local. É algo máis que un proxecto "verde". Trátase da integración ambiental, económica, social e cultural, así coma da calidade de vida da poboación local. É un proceso aberto e participativo dirixido a conseguir que os municipios sexan máis sostibeis.O certo é que gran parte dos obxectivos da Axenda 21 dependen case en exclusiva do papel das comunidades locais. É dicir, das decisións, actit...