Publicacións

LETRAS GALEGAS 2015

O Homenaxeado do Día das Letras Galegas 2015 é Xosé Fernando Filgueira Valverde, historiador, escritor, político, etnógrafo que naceu en Pontevedra o 28 de Outubro de 1906. Faleceu o 13 de Septembro 1996 ós 99 anos de idade. Currículum Estudia o Bacharelato en Pontevedra e obtén en Santiago a licenciatura en Dereito. Tamén obtén en 1936 o doutorado en Filosofía e Letras, Sección de Historia. Traballa como profesor do Instituto de Ensino Medio en Pontevedra. En 1923 dirixe a sección de Historia da Literatura no Seminario de Estudios Galegos. Colabora en diversos medios de comunicación e en 1932 é nomeado membro da Real Academia da Historia. Desde 1942 é membro da Real Academia Galega e en 1953 é nomeado membro da Real Academia da Lingua e tamén do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento así como de moitas máis fundacións...

Letras Galegas 2014

Xosé María Díaz Castro: Documental Poeta ao que lle renden tributo as Letras Galegas 2014, no ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento. “Xosé María Díaz Castro naceu o 19 de febreiro do 1914 n’O Vilariño, lugar de San Vicente d’Os Vilares, Concello de Guitiriz, Lugo. Seus pais, Isidro Díaz e María Castro, labregos, tiveron catro fillos: Antonio, María, Xosé María e Serafín. Na escola da súa parroquia aprendeu as primeiras letras. Aos dezaseis anos estreouse cun poema en castelán na revista Lluvia de rosas de Tarragona, na que seguiría colaborando moi esporadicamente. En 1929 ingresa no Seminario de Mondoñedo, onde cursa tres anos de Latín e Humanidades, outros tres de Filosofía e dous de Teoloxía. É alí onde confirma a súa vocación de escritor, segundo el mesmo manifest...

LETRAS GALEGAS 2013

Roberto Vidal Bolaño naceu en Compostela o mesmo ano en que morreu Castelao en Buenos Aires. Foi o derradeiro día do mes de xullo, no barrio de Vista Alegre, un barrio proletario compostelán onde empezaría máis adiante os seus primeiros estudos. Entre o seu nacemento e a data na que se dá conta da estrea da súa primeira peza teatral, 1965, cando só tiña quince anos, a súa vida transcorre entre o traballo e uns precoces inicios formativos co cinema e coa literatura, que acompañaban os seus días de estudo. SEGUE AQUÍ

LETRAS GALEGAS 2012 - 2

VALENTÍN PAZ ANDRADE. Podemos aprender ou atopar moito na páxina da REAL ACADEMIA GALEGA: Xurista, xornalista, académico, conferenciante, político, poeta ou empresario, a proteica e rica personalidade de Valentín Paz Andrade resiste calquera tentativa de redución a un único aspecto da súa personalidade que non sexa o do seu compromiso cun país, Galicia, que el mesmo propuxo como tarefa. A formación Descendente da burguesía local por liñaxe paterna, e da pequena fidalguía pontevedresa por parte de nai, o protagonista do Día das Letras deste 2012 naceu un 23 de abril de 1898 na aldea de Lérez, moi preto de Pontevedra. Aos oito anos ficou orfo de nai, un feito que o marcou profundamente. Cursou os primeiros estudos e mais o bacharelato en Pontevedra, onde xa amosou unha inclinación precoz cara ás letras sen dúbida fomentada polo seu tío, o ilust...

Franz Liszt

Páxinas interesantes: Este é o Museo de Liszt en Hungría: http://www.lisztmuseum.hu/en/liszt/ Aquí podesde atopar partituras, grabacións, e mesmo os músicos de Barro que lles apeteza poden subir as súas interpretacións: http://imslp.org/wiki/Category:Liszt,_Franz Franz Liszt nace en Doborján, preto Sopron, Hungría e morreu o 31 de xullo de 1886 en Bayreuth, Alemaña. O seu pai, Adam, era un administrador para a familia Esteráis (a mesma á cal servía Haydn). Estudou con Antonio Salieri e Carl Czerny en Viena. O 20 de setembro de 1823, a familia Liszt abandonou Viena para dirixirse a París. Polo camiño, Liszt deu concertos en Múnic, Augsburgo, Stuttgart e Estrasburgo para o seu sustento e o da súa familia. Aos once anos, o pequeno coñeceu a Schubert e Beethoven; durante a súa adolescencia e os anos vinte viviu en Parí...