Publicacións

Dia do Libro en Barro

.

23 de abril día do libro

http://www.mecd.gob.es/cultura-mecd/areas-cultura/libro/mc/observatoriolect/redirige/destacados/2016/marzo/observatorio/23diasdelibro.html

Cóntanos

Nesta páxina podes colaborar na recollida de topónimos, lendas, ditos do Concello de Barro. O sábado 5 de xaneiro, realizaremos a presentación da páxina web, con toda a información recollida. http://identidadesbarro.wix.com/tradicionoral…

Presentación do libro

Iria Collazo naceu en Barro en Pontevedra) en 1981, aínda que desenvolve a súa vida no Morrazo, onde vive e crea abalada por ese mar que lle da alento. Licenciose en Filoloxía Galega na Universidade de Vigo acadando o Premio Extraordinario de Fin de Carreira. Hoxe é profesora de Lingua e Literatura Galega no IES As Barxas, de Moaña, onde participa en numerosos proxectos de achega ao alumnado á lingua, ás letras, á música, e en xeral ás artes, escribindo letras para cancións e contos que despois se materializan en videocreacións do Obradoiro Músicasbarxas. Trátase de propostas realizadas con Luz Beloso, artista e docente no mesmo IES, e que son moi ben acollidas pola rapazada do centro. Pincha aquí podedes ver algún exemplos.

Mes da tradición oral

Este é un proxecto didáctico da Biblioteca Municipal de Barro en colaboración co C.E.I.P. ''Amor Ruibal'' e I.E.S. de Barro. Falamos dos nomes das veigas ou dos lugares,  dos zoqueiros, das costureiras. Decimos aperta, xantar, eira, lusco e fusco. A música, os contos, as tradicións, os oficios, as paisaxes ou a lingua forman parte dun patrimonio que, a pesar de non se tanxible, é o reflexo da nosa identidade cultural e social; é parte da nosa historia é parte de nós. As nosas nais, avoas, os nosos pais e avós transmitíronnos este patrimonio inmaterial que nos alegra o oído e a vida e con el tamén a responsabilidade de coidalo e transmitilo ás xeracións futuras. Por esto e con motivo da ''Semana da Tradición Oral'' (2-8 de novembro), ponse en marcha este proxecto onde recopilaremos os nomes de parcelas, camiños ou zona...