Publicacións

descricion-outeiro-codeso

Descrición do petroglifo

Petróglifos de Outeiro de Codeso Grupo que inclúe catro bloques de granito con motivos xeométricos de círculos concéntricos con coviña central ou non, así como grupos de coviñas dentro de círculo ou repartidas pola superficie. Sinalar o gravado da rocha 3 que lembra os motivos oculados. Cronoloxía e significado: desde o 3000 antes de Cristo ata a cultura castrexa. O significado é complexo. Antes da aparición da escritura, estas sociedades de agricultores empregaban unha linguaxe simbólica. Na actualidade non dispomos das claves para interpretar esta linguaxe, pero podemos achegarnos ao sentido xeral. Hoxe ten vostede o privilexio de poder aprecialos na súa paisaxe orixinal   Consellos para unha boa experiencia e conservación da arte rupestre: A hora máxica: o mellor momento para a visita coincide coa luz do sol de mañá ou á ta...