Publicacións

descricion-pedra-mirtada

Descricion Petroglifo Pedra Mirtada

Petróglifos do Outeiro da Pedra Mirtada Grupo que inclúe catro rochas con gravados: un grupo de cinco coviñas soltas e outras cinco en torno a unha liña, en xeral moi erosionadas. Nos bloques 1, 2, 3 con sinais de antiga extracción de pedra consérvanse grupos de pequenas cazoletas . No bloque 4, illado a ras do chan, unha cubeta rectangular ou muiño de soporte fixo ocupa a metade da pedra dividida por unha greta natural. Na outra metade, unha curiosa coviña rectangular e outra circular. As coviñas son a temática máis representada na arte rupestre galega. A súa orixe pode ser moi antiga. Os muíños de soporte fixo son elementos para a moenda de plantas e minerais para uso ritual en celebracións sociais. Cronoloxía e significado: desde 3000 antes de Cristo ata a Idade Media, para as coviñas. O significado é complexo. Os petróglifos, son gravados rup...