Descubrindo a Arte Prehistórica... A palabra Petróglifo provén dos termos gregos petros (pedra) e glyphos (gravado) Petróglifos de Castro Loureiro Grupo que inclúe catro bloques de granito con motivos xeométricos de círculos concéntricos con coviña central ou non, e trazos lineais. É a temática máis representada na arte rupestre galega. Cronoloxía: desde 3000 antes de Cristo ata a cultura castrexa. O significado é complexo. Representan un código simbólico dos grupos sociais agrícolas que os crearon, ben para transmitir unha narración, ben para marcar un territorio, etc. Hoxe ten vostede o privilexio de poder aprecialos na súa paisaxe orixinal. Consellos para unha boa experiencia e conservación da arte rupestre: A hora máxica: o mellor momento para a visita coincide coa luz do sol de mañá ou á t...