Ponse en coñecemetno de tódolos interesados na zona de concentración parcelaria PERDECANAI - BARRO II os días e horas nos que estarán presentes os técnicos participantes na elaboración do acordo de reestructuración parcelaria para dar apoio na elaboración das SOLICITUDES DE PREFERRENCIA.
Reunión informativa para a localización dos futuros predios de substitución na zona de reestructuración parcelaria PERDECANAI - BARRO II. Local: BIBILIOTECA PÚBLICA DE BARRO (San Antoniño 12 - Perdecanai - 36194 BARRO). Data: 23 DE OUTUBRO DE 2018. HORA: 11:00 horas.
REUNIÓN INFORMATICA COA FUNDACIÓN GAS NATURAL FENOSA PARA INFORMAR DO PLAN CONTRA A VULNERABILIDADE ENERXÉTICA. LUGAR: SALA DE SESIÓNS DO CONCELLO DE BARRO DATA E HORA: 9 DE OUTUBRO DE 2018 / DE 18:00 A 19:30 HORAS. Asuntos a tratar: - Comprender a factura da luz e de gas, e optimizala segundo as necesidades de cada familia. - Opcións para pequenos cambios nas vivendas coa finalidade de oter un aforro enerxético. - Pautas de comportamento para posibilitar aforro de consumo no fogar. - NOVO BONO SOCIAL e outras axudas.
Algúns veciños/as están a recibir notificacións da Xerencia de Catastro en relación coa nova revisión catastal aprobada polo Ministerio de Facenda. Dado que nas notificacións de alta é difícil interpretar a que construccións se refiren, dende o Concello pediuselle un equipo técnico ao ORAL que estará a disposición de todas as persoas afectadas tanto para aclarar as notificacións como para axudar a realizar alegación se fose necesario. Os Técnicos estarán no Salón de Plenos do Concello os días 31 de agosto, 3, 4, 5, 6 e 7 de setembro en horario de 9:00 a 15:00 horas.
AVISO REUNIÓNS INFORMATIVAS EN RELACIÓN COA EXPOSICIÓN PÚBLICA DO PROXECTO DE CAMIÑOS DA ZONA DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE CURRO – PORTELA (CONCELLO DE BARRO). Pola presente ponse en coñecemento de tódalas persoas interesadas que o pasado 10 de agosto de 2018 tivo entrada no Rexistro do Concello de Barro o PROXECTO DE CAMIÑOS DA ZONA DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA CURRO – PORTELA. O proxecto está a exposición pública para a presentación de alegacións ata o 13 de setembro de 2018. Para todos aqueles que o desexen poderán asistir as seguintes reunións informativas que se desenvolverán nas seguintes datas e para as parroquias que se indican na BIBLIOTECA PÚBLICA DE BARRO: &...