Con cargo ao Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra, o Concello de Barro mercou este ano unha nova desbrozadora de brazo lateral para o tractor municipal, destinada á realización de traballos de desbroce dos camiños municipais. Esta desbrozadora, foi mercada á empresa Hitraf, S.A. por un importe de 17.545,00 IVE incluido, por ser a mellor oferta presentada.
APOIO A FAMILIAS AFECTADAS POLO COVID-19 O Sr. Alcalde do Concello de Barro, D. Xosé Manuel Fernández Abraldes, FAI SABER: Diante da situación sanitaria que estamos a vivir e a proliferación de casos nos concellos da nosa controna, ainda que as autoridades sanitarias non nos informan dos casos existentes no noso municipio, mais que a publicación en prensa dos casos dos centros escolares, sabemos de maneira extraoficial de persoas/familias de Barro afectadas ou ben por contaxios ou corentenas preventivas. Dende o Concello ofrecemos toda a nosa colaboración para axudar as persoas ou familias afectadas, ao igual que se leva facendo dende mediados de marzo, momento no que se declarou a pandemia. Para solicitar calquera tipo de axuda...
CAMBIO DE LOCAL ELECTORAL NA PARROQUIA DE BARRO O vindeiro 12 de xullo van ter lugar as ELECCIÓNS AUTONÓMICAS que tiñan prevista a súa celebración no pasado mes de abril. Debido a crise sanitaria do COVID-90 que estamos a vivir a Xunta de Galicia estableceu un protocolo e unhas condicións a cumprir por todos os colexios electorais, para votar coa maior seguridade posible, polo que a Xunta de Galicia enviou técnicos/as a revisar as condicións de todos os locais electorais . Entre as recomendacións do equipo técnico pídese que se fagan as votacións en espazos o máis amplos posible e preferiblemente que teñan unha porta de entrada e outra de saida. &...
OFERTA PÚBLICA DE EMPREGO NO CONCELLO DE BARRO O Concello de Barro convoca un concurso oposición para a contratación de OPERARIO DE SERVIZOS MULTIPLES, en réxime laboral temporal. As funcións desa praza serán fundamentalmente a de conductor/a. O prazo para presentar solicitude está aberto até o 17 de xullo Esta solicitude pode presentarse a traves da sede electrónica do Concello ou presencialmente por rexistro. Na sede electrónica http://barro.sedelectronica.gal/board podese ver e descargar integramente as bases da convocatoria e o formulario de inscripción no proceso.
MANIFESTO DA FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE ASOCIACIÓNS DE PROFESIONAIS DE ATENCIÓN TEMPERÁ CON MOTIVO DO DÍA DA ATENCIÓN TEMPERÁ O 16 de XUÑO celebramos un día moi especial. O 16 de xuño do ano 2000 tiña lugar en Madrid a presentación do “Libro Branco”. Un fito na historia da atención á infancia no noso país. Nel definíase a Atención Temperá como "o conxunto de actuacións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á familia e á contorna, que ten por obxecto dar resposta, de forma o máis inmediata posible, ás necesidades que presentan os nenos e nenas con alteraci&oacut...