NOTA INFORMATIVA Dentro do Plan de Emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais que a Deputación de Pontevedra ten aprobado para o exercicio 2019, o Concello de Barro solicitou a contratación de varios/as traballadores/as nas seguintes categorías: -CONDUCTOR CAMIÓN, EN XERAL -PEÓN DE TRANSPORTE, EN XERAL -AXUDANTE ALBANEL -MONITOR/A SOCIOCULTURAL As contratacións faranse de forma escalonada ao longo do ano e os contratos terán unha duración mínima de seis meses cunha xornada laboral de 35 h/semanais e serán cofinanciadas pola Deputación de Pontevedra con cargo ao Plan Concellos 2019.
A Deputación Provincial de Pontevedra en colaboración co Concello de Barro organiza o vindeiro 21 de novembro de 2018, ás 18,00 horas, unha charla informativa sobre o Servizo de Teleasistencia: dispositivos, funcionamento, prestacións, cobertura, etc, dirixida a tódalas persoas. Esperámosvos no Salón de Sesións da Casa do Concello.