VI CERTAME DE PINTURA RÁPIDA “BARRO 2018” BASES 1.- As presentes bases teñen por obxeto regular a participación no VI Certame de Pintura Rápida “BARRO 2018”, que terá lugar o día 17 de xuño de 2018. 2.- Poderán participar no concurso calquera persoa que o desexe inscribíndose previamente. O dereito de inscripción será gratuito. 3.- Inscripción: Os participantes poderán optar por calquera das seguintes canles: a) Presentar instancia no Rexistro do Concello de Barro (Santo Antoniño 11 – Perdecanai – 36194 BARRO) ata as 15:00 horas do día 15 de xuño de 2018. b) A través do correo electrónico oficinas@barro.es ata as 15:00 horas do día 16 de xuño de 2018. En calquera caso as solicitudes deberán conter os seguintes datos: - Nome completo do autor/a. - Direcció...
AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA SOCIAL A Deputación Provincial de Pontevedra publicou no BOPPO do 2 de abril de 2018, a aprobación das bases das axudas básicas de emerxencia para o ano 2018. TIPOLOXÍA DE AXUDAS: Alimentación: alimentos perecedeiros, para bebés ou persoas con dietas especiais prescritas por un facultativo (celíacos, diabéticos, etc.) Uso da vivenda: axudas para o pago de débedas de alugueiro que impidan o desafiuzamento, axudas para o pago de hipoteca, con carácter excepcional, axudas para acondicionamento. Pagamento de recibos: Evitar a perda de subministracións básicas da vivenda (recibo de electricidade, gas ou auga). Pagamento de produtos de hixiene e limpeza. Pagamento de produtos farmacéuticos. Adquisición de electrodomésticos bá...
O concello de Barro ten previsto levar a cabo a construcción de unha nova depuradora de augas residuais a situar na parroquia de Perdecanai, nos lugares de Lourido ou A Gándara. Os terreos para a localización dese novo equipamento deben de reunir unhas condicións axeitadas de superficie, escorrentía e sitaución perto do río. Abrese un prazo de un mes para que os propietarios interesados poidan ofertar terreos que reunan as características necesarias para o emprazamento da infraestructura municipal.