Publicacións

BASES PARA A CAMPAÑA DE PRIMAVERA EN APOIO AO COMERCIO LOCAL DE BARRO “En abril, premios mil” – Rasca e gaña

BASES BASES PARA A CAMPAÑA DE PRIMAVERA EN APOIO AO COMERCIO LOCAL DE BARRO “En abril, premios mil” – Rasca e gaña A Concellería de Promoción económica, xuventude e Turismo do Concello de Barro organiza unha Campaña de primavera de apoio ao comercio local co fin de concienciar a veciñanza da importancia de realizar as compras no comercio local de Barro, e axudar e contribuír ao desenvolvemento económico e social e dinamizador do noso concello. As compras realizadas no comercio local de Barro reciben unha atención máis personalizada e adecuada ás necesidades de cada cidadán, garantíndolles unha maior calidade e confianza que outros sectores non prestan deste xeito, de aí a obriga de incentivar as vendas como impulsor da economía local e dinamización de sinerxias produtivas de consumo racional.   OBXECTO Estas bases establ&e...

imaxe entroido na casa 2021

I CONCURSO DE DISFRACES EN LIÑA

ENTROIDO NA CASA BASES I CONCURSO DE DISFRACES EN LIÑA   CONVOCATORIA O Concello de Barro, con motivo do Entroido 2021, convoca un concurso de disfraces para persoas empadroadas no Concello de Barro, establecendo dúas categorías: individual e grupos convivintes. TEMA Entroido na casa. PARTICIPANTES As persoas que queiran participar neste concurso enviarán as fotografías dos seus  disfraces ao correo electrónico omix@barro.gal desde o xoves 11 de febreiro até o mércores 17 ás 12:00 da mañá. A dinámica do concurso é moi sinxela. Elixirase mellor disfrace ao que leve mais “GÚSTAME”, “ENCÁNTAME” na fotografía que estará colgada na páxina Facebook da ÓMIX de Barro.   Importante: Para poder colgar as fotos nas redes, xunto coa fotografía, tamén enviaredes a ficha de inscric...

feader capa rod faxil e cancela

FEADER: EUROPA INVISTE NO RURAL

PROXECTO: MELLORA DA CAPA DE RODADURA DE CAMIÑOS RURAIS EN FAXIL E CANCELA PROMOTOR: CONCELLO DE BARRO INVESTIMENTO: 38.926,91€ IMPORTE DA AXUDA: 32.171,00 €   Medida 2.3 do PDR de Galicia 2014-2020. Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2020-2021.

Imaxe Polo Nadal comercio local

BASES “POLO NADAL COMERCIO LOCAL: BARRO DE ESCAPARATES” CONCELLO DE BARRO.

BASES “ POLO NADAL COMERCIO LOCAL: BARRO DE ESCAPARATES” CONCELLO DE BARRO.   O Concello de Barro organiza o presente concurso co obxectivo de involucrar os establecementos de Barro na decoración deste Nadal tan atípico, marcado pola situación sanitaria provocada polo COVID – 19; para que, entre todos e todas, se poida conseguir que estas datas continúen sendo especiais, coa ilusión e maxia que as caracteriza. Deste xeito, iluminaremos Barro e contribuiremos a levantar o ánimo da veciñanza e visitantes.   Segundo. -  PARTICIPANTES   Poderán participar todos aqueles establecementos (comercios, hostalería e calquera outro que teña actividade económica no concello) situados no municipio de Barro, de calquera que sexa a súa actividade. Deberán adornar e iluminar o seu escaparate ou zonas exteriores con motivos de Nadal, segundo os criterios d...

Imaxe Polo Nadal comercio local

BASES Mercar en Barro ten un lote de premios 2020 2021

BASES Campaña de dinamización da hostalaría e do comercio local: POLO NADAL COMERCIO LOCAL: MERCAR EN BARRO TEN UN LOTE DE PREMIOS O Concello de Barro organiza a presente campaña co obxectivo de estimular o consumo no comercio local de Barro neste Nadal tan atípico, marcado pola situación sanitaria provocada pola COVID – 19, cuxas consecuencias están a ser especialmente lesivas para o pequeno comercio e a hostalaría.  Segundo. -  PARTICIPANTES Poderán participar todos aqueles establecementos (comercios e hostalaría) situados no termo municipal de Barro e que realicen venta directa ao público. Os establecementos que participen na campaña estarán identificados cun cartel que indique a súa participación na mesma. Esta identificación, que lles será entregada desde o Concello ao formalizar a solicitude, deberá estar colocada nun lugar b...