Publicacións

informe actuac covid 19

INFORME ALCALDIA ACTAUCIÓNS CRISE COVID - 19

INFORME SOBRE AS ACTUACIÓNS DO CONCELLO DE BARRO DURANTE A CRISE SANITARIA PROVOCADA POLO COVID-19.   Dende o 13 de marzo que foi decretada a alerta sanitaria por parte da Xunta de Galicia debido á expansión da COVID -19 e a partir do 15 coa declaración do Estado de alarma por parte do goberno do Estado, o concello de Barro tomou todas as medidas que se decretaron por parte das autoridades sanitarias con dous obxectivos: evitar a propagación do virus no noso concello dentro das nosas posibilidades e axudar á xente máis vulnerable que é quen precisou sempre mais atención. O 16 de marzo púxose en marcha o programa #QuedaNaCasa, con este servizo levouse aos domicilios a compra, os medicamentos e fixéronse outras tarefas de axuda a aquelas persoas que o demandaron, sobre todo xente maior que era a que corría mais risco á hora de facer esas tarefas cotiás. Durante as primeiras sem...

cita previa servizos sociais concello de barro

SERVIZO DE CITA PREVIA DEPARTAMENTO SERVIZOS SOCIAIS CONCELLO DE BARRO

O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Barro dende o luns día 1 de xuño atenderá ao público con cita previa. Para solicitar cita poderá chamar ao teléfono 986 617 227. Novo prazo de presentación de declaracións anuais de ingresos de pensións non contributivas do 1 de xuño ao 18 de xuño de 2020. Por outra banda, informar que se prorroga a vixencia das resolucións e certificados de recoñecemento de grao de discapacidade expedidos en Galicia, que se atopasen sometidos a revisión por caducidade durante o ano 2020 ata o día 14 de marzo de 2021 (Resolución do 26 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade da Consellería de Política Social).

catel serv atenc tempera fse 2014 20

SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERA 2020

Servizo de Atención Temperá Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020 “O FSE inviste no teu futuro”   Denominación da unidade subvencionada Agrupación de concellos: Cuntis, Barro, Caldas de Reis, Catoira, Moraña e Portas   As subvencións ás entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede galega da atención temperá están cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Operativo FSE Galicia 2014-2020.   O obxectivo (O.T.9) é promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, a súa familia e contorno, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión.

bando axudas basicas emerxencia social 2020

AXUDAS BASICAS DE EMERXENCIA SOCIAL 2020

AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA SOCIAL EXERCICIO 2020 A Deputación Provincial de Pontevedra publicou no BOPPO do 2 de marzo de 2020, a aprobación das Bases da convocatoroia de Axudas Básicas de Emerxencia para o exercicio 2020   TIPOLOXÍA DE AXUDAS: 1) Alimentación: alimentos perecedeiros, para bebés ou persoas con dietas especiais  prescritas por un facultativo (celíacos, diabéticos, etc.). 2) Uso da vivenda: axudas para o pago de débedas de alugueiro que impidan o desafiuzamento, axudas para o pago de hipoteca, con carácter excepcional, axudas para acondicionamento. 3) Pagamento de recibos: Evitar a perda de subministracións básicas da vivenda (recibo de electricidade, gas ou auga). 4) Pagamento de produtos e servizos de hixiene e limpeza. 5) Pagamento de produtos farmaceúticos. 6) Adquisición de electrodomésticos básicos. 7) Paga...

bando axudas emerxencia estado de alarma

AXUDAS PARA SERVIZOS BÁSICOS DE EMERXENCIA, estado de ALARMA

Diante da situación  social que estamos a vivir pola declaración do estado de ALARMA, o concello habilitou unha liña de axudas co obxectivo de atender as demandas de necesidade urxente das persoas que peor o están pasar.         Estas axudas están financiadas pola Deputación de Pontevedra, para a prestación de servizos básicos de emerxencia, e o Concello de Barro habilitará unha partida de fondos propios en caso de que a situación se prolongue e non foran suficientes os fondos achegados polo Organismo Provincial.         As axudas irán destinadas a compra de productos de primeira necesidade.         Poderán ser beneficiarias as persoas maiores de idade empadroadas no Concello de Barro, que xestionen a súa demanda a través dos servizos sociais  municipais  e que c...