Publicacións

Imaxes no Tempo

Exposición Imaxes no Tempo

Coa finalidade de mostrar os cambios que tiveron lugar na nosa sociedade nos últimos anos, e máis concretamente como estes afectaron o Concello de Barro ponse en marcha a creación dun fondo que agrupa fotografías do concello en diferentes eidos. O fondo estará composto por calquera tipo de fotografías que reflictan actividades da vida cotiá, lugares do concello, festas, oficios, etc. tanto de agora como de antes.   Será a OMIX de Barro a encargada de xuntar, custodiar e difundir este patrimonio documental e todos os interesados en participar neste proxecto poden entregar nela as fotografías, que serán dixitalizadas ao momento ou envíalas ao enderezo electrónico da OMIX (omix@barro.es). O dono/a das fotografías aportará a información da localización, ano, actividade que se está a realizar etc. Todas esas fotografías formarán parte dunha expos...

cangrallo

Adxudícase a obra “Parque infantil en Cangrallo”

Co obxectivo de mellorar a oferta de parques infantís do concello, ademais de reparar os xa existentes, o Goberno Municipal acordou construír un novo no lugar de Cangrallo, da parroquia de Barro. O proxecto "PARQUE INFANTIL EN CANGRALLO" orzamentado en 29.913,89 €. está subvencionado pola Deputación de Pontevedra dentro do Plan Concellos 2016. Das catro ofertas presentadas adxudicouse a empresa GALEGA DE ACTUACIÓNS NO RURAL S.L. que ofertou unha mellora económica de 9.215,19 €. O Concello xa investiu outros 21.000 € en mellorar os parques de Agudelo, San Antoniño, Valiñas e Barosa que estaban sometidos a un abandono dende fai anos. Coa construción deste novo parque preténdese que tamén os nenos e nenas desa zona do concello teñan acceso a instalacións adecuadas para o seu tempo de lecer.