COMO SE XOGA ELEMENTOS QUE PRECISAMOS: -12 laranxas, unha vimbia, 1 corda e un pano para tapar os ollos As laranxas estarán divididas en grupos de 3 empregando topes entre os grupos, furando a vimbia. INTENTOS: -Cada persoa dálle unha vez cos ollos tapados DISTANCIA DE SAÍDA: -5 pasos PAU: -mango dun sacho GAÑA QUEN TIRE A ÚLTIMA LARANXA. PRIMEIRA.- Obxecto Convócase o Xogo da “CORRIDA DO GALO” co obxectivo de, fomentar a participación e convivencia durante as Festas de Entroido e recuperar as tradicións compartíndoas cos veciños e visitantes. SEGUNDA.- Participantes Realizarase unha primeira campaña de dinamización e mostra do xogo dentro do CEIP Amor Ruibal, na que os grupos dos alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria practicarán o xogo, en gran grupo, para coñecer as regras e a súa...
Esta entidade foi beneficiaria da convocatoria de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2022 a 2024, cofinanciada pola Unión Europea.
Establécense as seguintes bases para o Concurso de disfraces que se celebrará o día 26 de febreiro de 2023 no Pavillón Municipal do Concello de Barro. -Horarios: De 17:00 h. a 18:30 baile e animación A partir das 19:00 h inicio do concurso infantil e adultos. 1º MODALIDADES, CATEGORÍAS E PREMIOS Establécense os seguintes premios, con cargo á partida orzamentaria da Concellería de Cultura do Concello de Barro, coas seguintes modalidades e categorías: CONCURSO INFANTIL INDIVIDUAL 1º PREMIO INDIVIDUAL: 50€ 2º PREMIO INDIVIDUAL: 30€ 3º PREMIO INDIVIDUAL: 20€ PARELLAS ...
PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO (PIE) Don Xosé Manuel Fernández Abraldes, Alcalde-Presidente do Concello de Barro, fai saber: Que os concellos de Barro, Calda de Reis, Cuntis, Moraña e Portas puxemos en marcha de forma conxunta un novo Programa Integrado de Emprego (PIE), cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Servizo de Emprego Estatal. Nos proxectos precedentes conseguiuse unha alta porcentaxe de colocación das persoas participantes no programa de emprego, polo que participar nestes proxectos é unha boa oportunidade para aquelas persoas que estean buscando incorporarse ao mundo laboral. No PIE que se está a poñer en marcha para este ano aínda hai prazas dispoñibles para persoas menores de 30 anos dalgún dos cinco concellos que formamos parte do proxecto. Ademais do asesoramento especializado para a búsqueda de emprego, neste programa tamén...
1. OBXECTO O Concello de Barro convoca os veciños/as do concello para participar como “figurantes” na Cabalgata de Reis que se realizará o XOVES 5 de xaneiro de2023. 2. FIGURANTES QUE IRÁN SENTADOS Pódense inscribir todos os nenos e nenas (terán prioridade os participantes empadroados no concello de Barro) ata cubrir as prazas de cada carroza. 3. FIGURANTES QUE FORMARÁN O SÉQUITO A PÉ Pódense inscribir: - Todos os nenos e nenas, poden ir acompañados dun adulto responsable durante o percorrido, que deberá, así mesmo, inscribirse como figurante do séquito a pé na cabalgata. 4. INSCRICIÓN 4.1 Período de inscrición será ata o LUNS 2 DE XANEIRO. 4.2 As solicitudes formalizaranse cubrindo a ficha de inscrición, que poderán recoller na OMIX de Barro. 4.3. A inscrición...