Publicacións

TIPO DE ACTIVIDADES

*  Por os destinatarios: axuda a persoas con dificultades, xoves, nenos, anciáns, discapacitados, sen fogar ou enfermos, acollida de refuxiados. *  Por o tema: medioambiente, rehabilitación de zonas degradadas, actividades para combatir a discriminación...

¿COMO SE INICIA UN PROXECTO?

*  Unha organización que desexa acoller a un voluntario presenta unha manifestación de interese a través do departamento de Xuventude da sua Comunidade Autónoma, á Axencia Nacional e esta á Comisión Europea. Unha vez aprobada por a Comisión , incluense na base de datos de ofertas, accesible vía Internet e as Axencias Nacionais. *  Un voluntario e unha organización de envío, contactan a través de esta base de datos, o ben porque xa existe unha relación previa, con a organización de acollida. *  Tanto a organización de acollida como a de envío e o voluntario implicado, presentan unha solicitude de financiación nos seus respectivos países.A selección en este caso realizarase nas Axencias Nacionais correspondentes. O calendario de presentación de estas solicitudes na Comunidade Autónoma : Se o proxecto comenza entre: A solicitud presentarase antes do:...

O PERFIL DO VOLUNTARIO

*  Xoven entre 18 e 25 anos.*  Residente legal en un estado da U.E. ou asociado. *  Comprometindo en unha experiencia de ciudadanía activa e educación non formal. *  Aberto para adquirir capacidades, destrezas sociais, interculturais e personais.É imprescindible a participación activa do voluntario na realización do proxecto.

¿QUÉ ORGANIZACIÓNS PODEN PARTICIPAR?

Asociacións e organizacións no gubernamentais, ou entidades e iniciativas locais sen ánimo de lucro. A organización de envío comprometese á selección do voluntario, a súa preparación previa e á formación adecuada o proxecto que va a desenrolar; a manter o contacto e o apoio durante a súa labor fora e a axudarlle na volta o termo do proxecto. A organización de acollida comprométese a presentar un tutor directamente responsabel de prestarlle apoio o voluntario, á formación e integración do voluntario nas actividades do proxecto; a realizar un seguimento e tutoría do xoven; a ofrecerlle aloxamento e manutención e a facilitar a integración lingüística, cultural e social no entorno local onde levase a cabo o proxecto. Este programa valora positivamente e ánima a participar as organizacións que constrúen unha relación de proxectos bilaterais nun e noutro país.

ÓBXECTIVOS ESPECÍFICOS

*  Proporcionar unha nova experiencia de aprendizaxe intercultural, alentando a inserción social e profesional dos xoves, a súa participación activa ofrecéndolles a oportunidade de mostrarse solidarios con os demáis. *  Contribuir o desenrolo da comunidade local. *  Fomentar o establecemento de novos lazos e intercambio de experiencias entre as entidades de distintos países.