Publicacións

Axudas adquisición equipamento audiovisual e multimedia para crear medios de información electrónica

Convócanse dúas liñas de subvencións para: -Modalidade A: adquisición durante o ano 2008 de equipamento audiovisual, multimedia e outros de natureza análoga necesarios para o desenvolvemento das súas actividades; adquisicións de ordenadores persoais, cando vaian ser destinados pola entidade beneficiaria a actividades de carácter audiovisual, e/ou equipos de comunicación que permitan a conexión aos servizos da internet. En todo caso, terán como finalidade servir de ferramenta para que a entidade desenvolva axeitadamente as súas actividades no eido da comunicación. -Modalidade B): crear unha páxina web en galego na internet para a anualidade 2008, que deberá estar referida á entidade solicitante e ás actividades que desenvolve; os contidos da web son da responsabilidade da entidade solicitante da axuda. A páxina web deberá estar nun dominio propio cun primeiro nivel que sexa «.es» ou «.org». Terá como finalidade servir para facer divulgación e difusión das actividades que realiza a entid...

Axudas adquisición equipamento e actividades programadas por asociacións xuvenís

Subvencións para os seguintes fins: Modalidade A: realización do programa anual de actividades e gastos de funcionamento, entendido como o conxunto de actividades planificadas con coherencia co fin de acadar os obxectivos estatutarios dunha asociación. Modalidade B: adquisición de equipamento e material inventariable. Modalidade C: realización de proxectos de promoción xuvenil, entendidos como aqueles proxectos con carácter puntual e extraordinario que unha entidade realiza co obxectivo xeral da promoción da mocidade e como obxectivos específicos os descritos no artigo 5º, punto 3 b) desta orde. Beneficiario:Asociacións xuvenís e a entidades prestadoras de servizos á xuventude da Comunidade Autónoma de Galicia Publicación: DOG de 17 de xaneiro de 2008 Data de inicio: 17.01.2008 Remata o prazo: 18.02.2008 Prazo: 1 mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG Entidad: Xunta de Galicia

Subvencións a entidades de acción voluntaria para fomento de actividades de voluntariado

Serán subvencionables os programas e actuacións presentados polas entidades sen ánimo de lucro sempre que desenvolvan proxectos de acción voluntaria e que se realicen no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, nalgunha das seguintes áreas: a) Área de sensibilización: o obxectivo destes programas será o de difundir entre toda a sociedade galega a importancia e o valor da participación solidaria de carácter voluntario. Trátase de fomentar o voluntariado a través de actividades de sensibilización como: -Desenvolvemento de xornadas, seminarios, charlas e actividades dirixidas a dar a coñecer a realidade das asociacións, así como á promoción e captación de voluntariado. -Realización de campañas que fomenten a sensibilización da sociedade galega cara ao voluntariado e ás súas organizacións. -Estudos encamiñados a coñecer a realidade do voluntariado galego nos seus diferentes niveis de actuación (local, comarcal, etc.). b) Área de formación e participación: perség...

Renda básica de emancipación

En qué consiste? Os mozos e mozas entre 22 e 30 anos poderán recibir 210 euros mensuais para o pagamento do aluguer da súa vivenda habitual durante un máximo de catro anos e 600 euros de empréstimo que se poden utilizar para a fianza. Ao finalizar o contrato de aluguer ou cando deixe de recibir a renda de emancipación, deberás devolver esta cantidade. Se se precisa aval, 120 euros para os gastos da súa tramitación. Que condicións hai que cumprir? Ter entre 22 e 30 anos. Dispoñer dunha fonte regular de ingresos que non superen os 22.000 euros brutos anuais. Isto inclúe aos traballadores por conta propia ou allea, aos bolseiros de investigación e aos perceptores de prestación de desemprego ou dunha pensión por incapacidade. Se os teus ingresos mensuais non superan os 1.500 euros netos, poderás acollerte á axuda. Tamén deberás acreditar unha vida laboral de alomenos 6 meses de antigüedade, inmediatamente anterior ao momento da solicitude, ou unha duración prevista da fonte de ingresos de...

Xornadas provinciais de fomento do asociacionismo xuvenil

Durante os meses de xaneiro e febreiro, realizaranse nas diferentes provincias galegas encontros entre o Director Xeral de Xuventude e Solidariedae e as asociacións para levar adiante unha sesión formativa sobre como elaborar e presentar proxectos axeitados para as ordes de subvencións da Dirección Xeral de XUventude e Solidariedade. CALENDARIO: 15, 16 e 17 de febreiro en Pontevedra (Albergue xuvenil As Sinas. Vilanova de Arousa) ESTRUTURA: Venres tarde: a partir das 19 horas. Encontro co Director Xeral: Claves da orde de subvencións 2008 e participación en programas europeos. Berto a todos os membros de asociacións xuvenís e prestadoras de servizos á xuventude. Sábado, e domingo pola mañá: sesións fomrativas "elaborar e presentar proxectos axeitados". Poderán participar até 30 persoas de entidades de carácter xuvenil, asociacións xuvenís ou ptestadoras de servizos á xuventude en cada un dos cursos. En principio soamente un máximo de 2 persoas por entidade. No caso de non completa...