Uso de instalacións xuvenís. Oferta concertada

Prazo: Dende o 27/03/2014 ata o 10/04/2014

Prezos: Os prezos dos servizos ofertados aparecen recollidos no anexo I da orde pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos nas instalacións xuvenís e á expedición de carnés dirixidos á mocidade, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, durante o ano 2014 DOG 03-01-2014

Aqueles grupos que figuren inscritos no rexistro da Consellería de Traballo e Benestar como entidades prestadoras de servizos sociais, gozarán dun desconto do 50 % sobre os prezos 

Requisitos: Poderán solicitar o uso das instalacións:

1. As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas.
2. Os consellos locais e municipais de xuventude.
3. Corporacións locais.
4. Outras entidades públicas ou privadas que realicen actividades coa xuventude.
5. Grupos de mozos e mozas galegos non asociados que organicen actividades de tempo libre sen ánimo de lucro e, en todo caso, para efectos de realización dun programa de actividades para un mínimo de 15 persoas.

O uso das instalacións ofertadas suporá dispoñer:
- Dos servizos de auga, gas, electricidade e alimentación en réxime de pensión completa.
- Do material (excepto o correspondente ás actividades específicas) que, no caso dos campamentos, comprende tamén as tendas de campaña, colchóns e mantas.
- Xerencia e persoal de servizo.

Mais información na web: www.xuventude.net  no  DOG 26-03-2014 ou na OMIX de Barro