Subvención para entidades de iniciativa social para o mantemento de determinados centros de inclusió

Prazo: 08/10/2011
A Consellería de Traballo e Benestar convoca subvenciones a entidades de iniciativa social para o mantemento de determinados centros de inclusión e emerxencia social.

Poderán solicitar as subvencións reguladas nesta orde as entidades de iniciativa social que se encontren debidamente inscritas con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.

No suposto de entidades que recibisen subvención da Xunta de Galicia para mantemento de centros ao abeiro da Orde de 30 de decembro de 2010 (DOG núm. 15, do 24 de xaneiro de 2011), será requisito previo para a concesión da subvención a presentación do balance de ingresos e gastos comprensivo de todo o exercicio anterior, a que se refire o artigo 15.5 (anexo V da convocatoria).

As entidades que accedan a esta convocatoria deberán dedicarse con carácter preferente á realización de actuacións relacionadas cos centros de inclusión e emerxencia social, isto é: albergues, centros de acollida e inclusión e comedores sociais.

Mais información: DOG: 07-09-2011