Programa ALUGA

O programa "ALUGA", pretende:

-Promover o mercado do aluguer de vivendas desocupadas de titularidade privada, mediante medidas e axudas públicas, que dan seguridade ás persoas que incorporen vivendas ao programa para o seu arrendamento.


-Facilitar o acceso a unha vivenda en réxime de arrendamento aos colectivos con menores ingresos, adaptada as súas necesidades, en condicións de habitabilidade e cunha renta acorde aos seus ingresos.
Ao tratarse de axudas concedidas por un período de 12 meses, a duración do aluguer e polo tanto da subvención, exténdese ao longo dos anos 2014 e 2015. As axudas aos inquilinos oscilan entre o 30% e o 70% do importe mensual do aluguer, en función dos ingresos familiares ponderados de xeito que reciben máis axudas as familias máis desfavorecidas.

Máis información: http://igvs.xunta.es/web/actuamos/133