Premios concurso Postais de Nadal

No concurso Postais de Nadal organizado polo Concello de Barro participaron 165 persoas e os premiados en cada unha das categorías foron:

Premio na 2ª categoría 1º ciclo de primaria para Raquel Magariños Agraso

Premio na 3ª categoría 2º ciclo de primaria para Ana Cancela Rodríguez

Premio na 4ª categoría 3º ciclo de primaria para Aroa Outón Regueiro

Premio na 5ª categoría 1º ciclo de secundaria para Eva Cancela Rodríguez

Premio na 6ªcategoría 2º ciclo de secundaria para Verónica Rodríguez Torres

Premio na categoría maiores de 16 para Celia Regueiro Bermudez.

Os premios entregaranse na Cabalgata de Reis durante o martes 6 de xaneiro de 2009 e a exposición das postais presentadas poderase visitar no salón de actos da Biblioteca Pública a partir do 1 de decembro de 2008.

Durante o mes de decembro na Biblioteca Pública de Barro dará comezo o mes cultural, no que durante os mércores, venres e sábados realizaremos xogos de animación á lectura, obradoiros de manualidades, actividades relacionadas co tempo de Nadal, etc.

Para poder participar os rapaces/as de entre 4 a 14 anos deberán inscribirse na OMIX (986714806) do Concello de Barro ata o martes 2 de decembro.