Prazas nas escolas infantís 0-3 da Consellería de Traballo e Benestar.

Prazo: do 1 ao 31 de marzo de 2012.
Requisitos:
Que a/o nena/o teña a súa residencia en Galicia e teña nacido no momento de presentación da solicitude.


Idade da/o nena/o:
- Ter unha idade mínima de 3 meses na data de ingreso.
- Non ter cumpridos 3 anos o 31 de decembro de 2012.


Para solicitudes de novo ingreso presentarase o modelo oficial (anexo I da Orde). Neste impreso pódese solicitar praza para 2 centros indicando a orde de preferencia.
PROGRAMA CHEQUE INFANTIL: As/os interesadas/os en participar nas prazas de escolas infantís 0-3 adheridas ao programa Cheque infantil, dirixido a aquelas/es solicitantes que non obteñan praza en ningunha das dúas opcións solicitadas, deberán cubrir a epígrafe correspondente no anexo I da orde.


As solicitudes valoraranse en función dun baremo que terá en conta: situación socio-familiar, situación laboral-familiar, situación económica, etc.
A Consellería de Traballo e Benestar convoca o procedemento de adxudicación de prazas na Escolas Infantís 0-3 para o curso 2012-2013.

http://benestar.xunta.es/web/portal/portada


Mais información: DOG do 29 de febreiro de 2012.