Plan CUltural Deputación de Pontevedra

DESTINATARIOS
poderán solicitar a inclusión neste Plan Cultural as seguintes agrupacións provinciais: bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, bandas de gaitas, música tradicional, música clásica, teatro, etc.
LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN
As solicitudes formalizaranse no modelo normalizado que se facilitará no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depo.es, acompañadas da documentación prevista na base 8ª e presentaranse no Rexistro xeral da Deputación:
• Sede de Pontevedra: Avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado)
• Sede de Vigo: Rúa Oporto, 3 (de luns a venres) ou tal e como establece o art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
O prazo de presentación de solicitudes empezará a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o 31 de xaneiro de 2012.
As agrupacións carentes de CIF achegarán unha acta de constitución asinada polos seus compoñentes, onde conste a designación do representante e a certificación da conta bancaria aberta a nome do grupo.
DOCUMENTACIÓN
Para seren incluídos nos respectivos epígrafes presentarán como documentación:
Fotocopia do CIF da entidade
Certificación da conta bancaria
Relación nominal de compoñentes e DNI
Fotografía da agrupación en formato dixital
De conformidade co establecido no art. 35.f) da Lei 30/1992, de 26 de novembro, a documentación sinalada nos apartados anteriores non terá que presentarse se xa se entregou no Servizo de Cultura desta Deputación nos últimos cinco anos e sempre que non houbera variación nela.

Mais información na web da Deputación