Parque Natural "Ría de Barosa"

Trátase dun proxecto para dotar e acondicionar a área limítrofe ao río Barosa no concello de Barro, mediante a construcción dun parque natural.

Realizaranse obras de acondicionamento como son a canalización do río, o recheo de toda a superficie, unha zona de aparcamento, un vial de acceso á zona da Maquieira, un estanque, uns paseos interiores, un cerramento do fronte da pista municipal e un axardinamento das superficies restantes con céspede, plantación de árbores e arbustos.