Os Bolechas no Concello de Barro

O programa de dinamización lingüística FalaRedes, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, presenta a actividade Os Bolechas e o Sabichón, que chega o día 12 de xuño ao Concello de Barro.

 A maiores de promover o uso da lingua de Galicia, como busca o programa de dinamización con propostas de lecer de calidade no noso idioma, Os Bolechas e o Sabichón tamén ten a súa parte didáctica, xa que a actividade simula un concurso no que tanto os irmáns Bolechas coma os nenos e nenas asistentes deberán demostraren os seus coñecementos e habilidades lingüísticas.

Os bonecos preséntanse en forma de monicreques manipulados por actores á vista, modalidade novidosa en Galicia. O Sabichón é un personaxe moi “listiño” que presenta o concurso. Nel participan dous equipos, un liderado por Braulio Bolechas e outro por Loli Bolechas, os irmáns que terán que enfrontarse a preguntas e probas moi divertidas. Para venceren, precisarán da axuda do públi­co, converténdose a xente miúda en protagonista do espectáculo.

Mediante esta estratexia, poténciase a identificación dos nenos e nenas asistentes cos seus protagonistas, un referente positivo aso­ciado ao galego, pois Os Bolechas falan sempre a nosa lingua: nos libros, nos programas de televisión e nos espectáculos coma este.

Rede de Dinami-zación Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia coa colaboración das deputacións provinciais da Coruña e de Pontevedra en municipios da súa competencia territorial.

Galería