Obras de Acondicionamento No Pazo De San Antoniño (Finca da Capela)

O Concello de Barro en sesión Plenaria de data 27 de xaneiro de 2001 acordou aproba-la adquisición ás Sres. José Manuel Piileiro Gontad, D. Miguel Angel Piñeiro Gontad e Dna. Rosa María del Sagrario Piñeiro Gontad, da parcela denominada "Finca da Capela"", cunha extensión superficial de catro hectáreas quince áreas e cincuenta e unha centiáreas (41.551 m2), así como as edificacións  na mesma (edificación de planta baixa e alta en mampostería, un cobertizo, un canastro e un depósito de almacenamento de auga) no prezo de CENTO QUINCE MILLONS DE PESETAS (115.000.000 pts. Equivalentes a 691.163.92 euros).

O Pleno en data 28 de xuño de 2002 acordou adquisición dos seguintes terreos no entorno do lugar de San Marco e a fin de unilos a finca da Crega onde se ubican o Tanatorio Municipal e se está a xecuta-las obras do "Parque Público Rio Areal":

A D. Cándido Prado González e a súa esposa Dna Arrelia Eirín García a finca denominada "Veiga Grande ou Iglesario" de 11.655 m2 por importe de 136312,70 euros.

A D. Ramón Prado González e a súa esposa Dna Carmen Fontán Poza a finca denominada "Veiga Grande ou Veiga do Areal" de 6.589 m2 por importe 88.465,83 euros.

O 23 de maio de 2003 o Pleno do Concello acordou a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación municipal (PXOM), que entre outras cousas inclúe a modificación da calificación dos rencas do entorno do Pazo da Crega que pasan a ser Solo Urbanizar agás unha zona de 2.272,32 m2 que pasa a Solo Urbano.